Federación Galega de Bandas de Música Populares

Esta é a canle oficial da Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP). Descubre o mellor da música de banda en Galicia! Somos a asociación que agrupa a case 100 Bandas de Música Populares galegas. Aquí atoparás os mellores vídeos das nosas actividades: as actuacións da Banda Sinfónica Galega e da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, o Certame Galego de Bandas de Música (o evento bandístico máis importante de Galicia), ou os festivais de bandas infantís e xuvenís, entr outros. Subscríbete para non perder ningún concerto e apoiar a cultura musical de Galicia.