Film in which there appear... (Owen Land)
Автор: atoupeira
Загружено: 2011-04-07
Просмотров: 6662
[We have uploaded this video in order to promote experimental cinema, not to cause any damage to filmmakers. If you are the author and want this video removed, please just say so and we'll remove it immediately.]
O pó acumulado sobre o celuloide constitúese en elemento estético en Film in Which There Appear Sprocket Holes, Edge Lettering, Dirt Particles, Etc, na que o autor retoma unha imaxe preexistente dunha muller (proba de cor e enfoque de Kodak), facéndoa ocupar unha sección da pantalla, reservando o resto do espacio para os elementos anunciados no título. Descoidando a limpeza durante o revelado provócase que as partículas de pó xoguen un papel estético. Na película vemos un só plano medio de muller de vermello, tres cuartos á esquerda mais mirando á cámara, reproducida catro veces por fotograma: á esquerda, dúas imaxes completas, ocupando case a metade do fotograma; á dereita, dúas imaxes partidas pola metade, verticalmente (que non caben no cadro); no medio, unha escala cromática e un espacio en branco coas perforacións de arrastre do celuloide (dous por fotograma). A imaxe mantense fixa (agás piscadela da moza e letras que de vez en cando destelan). Non hai movemento, a non ser a suxidade e as letras do borde (aquí no centro) que avanzan sorteando os furados. (A. Pagán)
Mais info: http://albertepagan.eu/introducion4/#...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: