Escola de Hip-hop (Oinkplugged)
Автор: Xeración Son Goku
Загружено: 2013-03-11
Просмотров: 804
Título: Escola de Hip-hop
Videoclip orixinal: • Escola de Hip-hop (Coke e Woyza)
Cantantes: Coke e Woyza
Concerto: Concerto XV aniversario
------------
Letra:
Van chegando xa os alumnos até a escola de hip-hop,
nenas, nenos, é o que queren, non queren saber de pop.
Á primeira hora a materia é MC:
Colle un boli, escribe liñas, para no micro cuspir.
Podes rapealo lento,
ou podes rapealo rápido,
falar da túa tristura ou do teu bo estado de ánimo.
Se podes sentir tamén podes improvisar,
proba a rimar iso que pola testa che está a pasar.
Na aula de scratching entre mesas e pratos,
facendo cortes limpos, trucos guapos.
Isto á segunda hora, á terceira o ximnasio,
na clase de breakdance o mestre éche un armario.
O estilo do Mario, as voltas que dá o Fermín,
din por aí que son estrelas, xa saen no Xabarín!
Á cuarta toca graffiti,
ao Pepe quédanlle guai,
plasma o bosquexo na parede coa súa arte en spray.
Escola hip-hop, hip-hop,
(hip-hop, hip-hop)
escola hip-hop, hip-hop,
(a túa escola!)
escola hip-hop, hip-hop,
(hip-hop, hip-hop)
escola hip-hop, hip-hop,
(hip-hop, hip-hop)
Seica todos os rapaces van facendo beat box
para que esa peña vaia rimando co son,
improvisación mentres alto corean "Wo! Wo!",
Wöyza quere hoxe ouvir a nova xeración,
unha escola que che ensina o que noutras non.
Cando cantes ti por riba asubiaremos nós,
sen vergoña, veña, dálle, vai saíndo o flow,
sae de aquí séndoche un todo para o que aquí estudou.
Escola hip-hop, hip-hop,
(hip-hop, hip-hop)
escola hip-hop, hip-hop,
(a túa escola!)
escola hip-hop, hip-hop,
(hip-hop, hip-hop)
escola hip-hop, hip-hop,
(hip-hop, hip-hop)
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: