OS MORENOS DE LAVADORES 🎼
Автор: No Allo
Загружено: 2022-08-14
Просмотров: 1650
Documental Biográfico sobre o lexendario grupo " Os Morenos de Lavadores".
Foi unha agrupación de gaiteiros do concello de Lavadores que tivo a súa orixe no grupo Airiños de Cabral, formado polos gaiteiros Constante Moreda Vázquez e Manuel Oliveira Blanco, Vicente Clemata Piñeiro "Firma" no tamboril e Román Salgueiro Rodríguez no bombo. O cuarteto desfíxose trala morte de Constante o 10 de decembro de 1936. Pasada a Guerra Civil sumouse ao grupo Xosé Oliveira Blanco, irmán de Manuel, pasando a adoptar o nome d'Os Morenos de Lavadores. O nome ten a súa orixe na pel escura dos irmáns.
Esta formación mantívose estable ata a desaparición do cuarteto: Manuel e Xosé nas gaitas, Olimpio no tamboril e Suárez no bombo. Interviron nas películas Mar Abierto e Famoso Carballeira. Actuaron por Portugal e Francia. Entre 1967 e 1972 gravaron varios discos de vinilo e casetes con RCA e MARFER. Tamén foron gañadores de prestixiosos concursos. Nunca participaron en actos ligados á ditadura.
O grupo cesou en 1973.
Descubre a historia completa.
No Allo
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: