Alalá nº 24 "Faltriqueira" - TVG
Автор: Alalá TVG
Загружено: 2015-04-15
Просмотров: 8253
ALALÁ Nº 24
FALTRIQUEIRA
(Emisión 17/10/06)
Nesta ocasión Alalá fixa o seu destino en Pontedeume. De aquí son catro rapazas que desbordan frescura, enerxía e vitalidade. María é bióloga, Ana filóloga, Teresa, enfermeira e Carolina mestra de educación infantil e música; Desta mestura sae FALTRIQUEIRA. Fan unha música que se caracteriza pola liberdade, sen prexuízos, nin complexos. Co seu primeiro traballo o éxito chegou ós lugares mais insospeitados e obtiveron un grande recoñecemento internacional; as súas voces chegaron ata Namibia, Bermudas, País Vasco ou Lisboa. Cronistas internacionais loubaron o seu traballo; foron portada de revistas como “Folk Roots”, un referente da música con raíces e o 1º disco foi elixido entre os 10 mellores albumes do 2003 na lista europea de músicas do mundo.
Están xuntas desde cativiñas, na agrupación folclórica Orballo iniciaron o seu gusto pola música e polo baile e, co paso do tempo medrou a súa paixón.
Acaban de publicar o seu 2º traballo discográfico “Efffecto Faltriqueira” no que se inclúen: versións e arranxos orixinais. Beben da tradición e xogan coa música cun resultado único: unha música libre en tódolos aspectos.
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: