O proxecto "FUTGAL nas Escolas" desembarca no colexio Liceo La Paz
Автор: Real Federación Galega de Fútbol
Загружено: 2022-10-17
Просмотров: 244
Por e para os máis novos co obxectivo de achegar o mundo do fútbol, da arbitraxe e da figura dos adestradores aos centros educativos de Galicia. O proxecto "FUTGAL nas escolas" xa está en marcha.
A Real Federación Galega de Fútbol, da man da delegación coruñesa do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol que dirixe Rubén Eiriz, deu o pasado venres o primeiro paso para dar a coñecer e presentar esta iniciativa pioneira.
O proxecto "FUTGAL nas escolas" tamén desembarca no centro educativo con máis alumnos/as de Galicia. O Colexio Liceo La Paz tamén abriu as súas portas para dar cabida a esta iniciativa. Cómpre lembrar que neste emblemático colexio xa se imparte con moito éxito a materia de arbitraxe desde hai media década grazas ao convenio entre o centro e a delegación coruñesa de árbitros.
Ao acto de benvida, que tivo lugar nun dos salóns de actos do centro, asistiron o presidente da RFGF, Rafael Louzán; o presidente do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol, Bernadino González; o presidente do Comité Galego de Adestradores, Iván Cancela; o secretario do CTGAF, Noel Blanco; e o delegado dos árbitros na Coruña, Rubén Eiriz.
Por parte do centro educativo asistiron un grupo de alumnos e o director académico, Martín López.
A xornada no colexio rematou cun acto simbólico, o saque de honra que realizou o presidente da RFGF, Rafael Louzán, no primeiro partido da liga escolar interna na que impartiu xustiza un colexiado alumno do centro.
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: