Alalá nº 148 "Rubén González do Incio"
Автор: Alalá TVG
Загружено: 2016-02-26
Просмотров: 6204
Alalá nº 148 "Rubén González do Incio"
Emisión en Televisión de Galicia: 20/05/2010
http://alala.crtvg.es
“O GAITEIRO DE CASTELO: RUBÉN GONZÁLEZ”
“Unha Institución palleteira en Galicia”
No noso afán por percorrer o mundo buscando música, Alalá está hoxe nas terras do Incio; aquí vive un gaiteiro coñecidísimo: Rubén González. Coñecido tamén por ser toda unha institución palleteira en Galicia. Ten 85 anos, é un home moi querido, cun moito enxeño, xeneroso e que loitou moito por conseguir o seu ansiado sono: ser gaiteiro.
A 1ª gaita mercouna por tres pesos, cartos que gañara facendo zocos. Si, este home tamén foi zoqueiro e ferreiro, traballou na fragua mais de trinta anos facendo coitelos, fouciños... e os coitelos probábaos el mesmo porque foi matachín. Toda a ferramenta que facía ía vendela sobre todo á feira do Incio. Pero non se conformou, tamén traballou na mina de magnesio. Pero o que nunca hai que esquecer é que Rubén foi e segue a ser dos mellores gaiteiros do Incio.
Unha das cousas que lle produce mais orgullo e que xunto coa súa Victoria sacaron a familia adiante e criaron ós tres fillos. Un deles, Antonio, o único varón, continúa en Lugo co oficio de palleteiro que herdou de seu pai ó que admira profundamente.
Hoxe Rubén contaranos como se poden facer tantas cousas, e facelas ben; como se poden aprender tantos oficios, contruílas ferramentas para as palletas, facelo mazo da forxa.... oito horas na forxa e outras tantas na mina...e despois ¡a tocar!. ¿Hai corpo que resista isto? Pois nós descubrimos que sí. Rubén contaranos moitas cousas e aprenderemos outras tantas con este mestre: O gaiteiro de Castelo.
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: