Galicia de 20 a 20: De Vigo a Ponteareas
Автор: Televisión de Galicia
Загружено: 2022-11-24
Просмотров: 1311
#GaliciaDe20a20
Ruth Matilda chegou ao porto de Vigo en 1924 e nós comezaremos a viaxe nesta mesma cidade. Ela retratou unha muller que levaba un cesto na cabeza con 22 pitos e nós actualizarémola súa foto con Flora Porto, agricultora de Ponteareas que continúa levando o seu produto a Vigo. Aproveitamos que estamos nesta cidade para coñecer a Mary Quintero, unha pioneira da fotografía que nos pode contar como era o oficio a mediados de século. Como o que máis lle interesaba a Ruth eran os traxes tradicionais, achegarémonos ao Obradoiro de costura de Saiáns, onde Patricia González nos ensinará como actualizar estas prendas para que teñan cabida no mundo de hoxe. Cruzaremos a ría para seguir a pista dunha carpintaría de ribeira en Domaio (Moaña) e remataremos o programa en Ponteareas, onde Ruth fotografou unha escola e onde nós comprobaremos como mudou o ensino nestes cen anos.
🔔 Subscríbete á canle oficial da Televisión de Galicia en YouTube: / tvg
🌐 Visita a nosa páxina web: https://www.crtvg.gal
📲 E tamén podes seguirnos en todas as nosas redes sociais:
Facebook: / televisiondegalicia
Twitter: / tvgalicia
Instagram: / tvgalicia
TikTok: / tvgalicia
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: