Concerto das Letras Galegas 2021. Laura LaMontagne & PicoAmperio
Автор: Consello da Cultura Galega
Загружено: 2021-05-19
Просмотров: 1761
O Consello da Cultura Galega organizou o 16 de maio de 2021 no Auditorio do Mar en Vigo a undécima edición do Concerto das Letras Galegas. A proposta correu a cargo de Laura LaMontagne e Pico Amperio que ofreceron, alén do seu repertorio habitual, unha parte central na que fusionaron a poesía de Xela Arias con imaxe e luz.
Créditos
O espectáculo, concibido como un todo de palabra, son e luz, ten a Laura LaMontagne na dirección artística e a PicoAmperio na dirección técnica, e conta, ademais, con Raúl Silva na iluminación, Luis Casanova no son, e Fany Mayo maquillaxe e peiteado. Finalmente, o autor da videocreación é Borja Bernárdez.
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: