𝐀𝐦𝐨𝐞𝐝𝐨, Pazos de Borbén. Serafín Amoedo Peso
Автор: Xabier Díaz
Загружено: 2025-08-15
Просмотров: 330
𝐀𝐦𝐨𝐞𝐝𝐨, Pazos de Borbén. Serafín Amoedo Peso
Situámonos desta volta na parroquia de Amoedo, no pontevedrés concello de Pazos de Borbén, máis exactamente no Barrio do Cabalo. Atopámonos alí con Serafín Amoedo, alcumado "O Moucho", que lembra perfectamente o tocar no pandeiro, no que vai reproducindo os diferentes "toques".
Estaba acompañado dunha veciña que interpretou unha fermosa xota do repertorio das mulleres da Ermida.
Por último, Serafín amosounos o xeito de tocar os ferriños e as cunchas, tan habituais no acompañamento do adufe ou pandeiro, e que lle achegan esa sonoridade aguda á sociedade dos dous instrumentos. Foi esta unha sociedade moi frecuente o pandeiro e os ferriños ou cunchas.
——
Nos situamos esta vez en la parroquia de Amoedo, en el pontevedrés ayuntamiento de Pazos de Borbén, más exactamente en el Barrio do Cabalo. Nos encontramos allí con Serafín Amoedo, cuyo apodo era "O Moucho", que recuerda perfectamente el tocar en el pandero, en el que va reproduciendo los diferentes "toques".
Estaba acompañado de una vecina que interpretó una hermosa jota del repertorio de las mujeres de A Ermida.
Por último, Serafín nos mostró su forma de tocar los “ferriños” y las conchas, tan habituales en el acompañamiento del adufe o pandero, y que le aportaban esa sonoridad aguda a la sociedad de los dos instrumentos. Fue esta una sociedad muy frecuente el pandero y los “ferriños” o conchas.
#XabierDíaz #ColecciónRecollidas #AnoDasCantareiras #LetrasGalegas2025
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: