Muiñeira vella de Cerqueda (Malpica de Bergantiños) - Arume de Callón.
Автор: ESTREMONIAS
Загружено: 2025-01-25
Просмотров: 886
• Arume de Caión 20 - 07 - 24
A muiñeira vella tamén chamada ribeirana é a modalidade máis antiga que se coñece de muiñeira, sobreviviu até os nosos días e foi recollida na franxa costeira noroccidental galega maioritariamente nos concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Laxe, Zas e Malpica.
O acompañamento musical da muiñeira vella faise sempre con canto e pandeireta que se toca co puño, motivo polo cal tamén se coñece como muiñeira empuñada, a danza é limitada a dúas ou tres parellas con pequenas variantes segundo a xeografía, os homes van sacar puntos por quendas, estirados, danzando entre si, mentres que as mulleres debuxan rodas con forma de oito, dando pequenos pasos o ritmo.
A muiñeira vella era danzada principalmente nos casamentos, onde o biscoito o molete que se chama regueifa, que as mulleres levan na cabeza, era repartido ao final da danza entre os convidados ao casorio, símbolo de ventura e boa fortuna para os acabados de casar.
A ribeirana de Cerqueda, foi recollida no lugar das Pozacas.
Arume de Callón é unha Asociación Cultural que xoga un papel importante na preservación e promoción das tradicións galegas na parroquia de Callón, no concello de A Laracha, en Galicia. Fundada en 2007, esta entidade ten como obxectivo manter vivas as raíces culturais da zona.
A asociación tamén imparte clases para aqueles que desexan aprender e participar activamente nas tradicións galegas. Desde baile ata música, a súa oferta é variada e enriquecedora.
Arume de Callón é unha fogueira cultural que ilumina a tradición e a identidade da parroquia de Callón, mantendo viva a esencia da Galiza.
En Cerqueda si que hai homes
tamén alá na Ribeira
hainos de media polaina
hainos de polaina enteira
hainos de media polaina
hainos de polaina enteira
Elelé, elelé
elelele elelé
Elelé, elelé
elelelelele elelelelelá
Viva Malpica, Malpica
con sus torres e campanas
viva a sal e el salero
que gastan as malpicanas
viva a sal e el salero
que gastan as malpicanas
Elelé, elelé
elelele elelé
Elelé, elelé
elelelelele elelelelelá
Por bailar a muiñeira
por bailar a ribeirana
por bailar a muiñeira
botei un ano na cama
por bailar a muiñeira
botei un ano na cama
Elelé, elelé
elelele elelé
Elelé, elelé
elelelelele elelelelelá
Sei tocar a pandeireta
con man e mais co puño
non me cases miña nai
cos oleiriños de Buño
non me cases miña nai
cos oleiriños de Buño
Elelé, elelé
elelele elelé
Elelé, elelé
elelelelele elelelelelá
Velo aí vai o remate
velo aí vai o remate
non é por cousa ningunha
é para descansar a man-e
non é por tocar ningunha
é para descansar a man-e
Elelé, elelé
elelele elelé
Elelé, elelé
elelelelele elelelelelá
Elelé, elelé
elelele elelé
Elelé, elelé
elelelelele elelelelelá
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: