Promover o galego dende o local. Ames
Автор: Nós Televisión
Загружено: 2025-11-22
Просмотров: 389
Unha produción de Nós Televisión, con dirección de Ana Viqueira e financiada polo Concello de Ames, que aborda as diversas iniciativas que dende o Concello de Ames desenvolven para promover o uso do noso idioma tendo como eixos principais o proxecto 'Modo galego, actívao!' realizado en colaboración coa Real Academia Galega, o Certame Literario, o proxecto Galetiktokers, e os Premios Lingua e Empresa.
A peza conta coas voces do alumnado e profesorado de 4º de primaria do CEIP de Barouta, de Henrique Monteagudo, Alonso Caxade, Andrea Porto, Branca Trigo, Julio de la Iglesia, Nuria Grandío, Rodri Míguez, Raquel Arias, Carmen Porto, Ana Belén Paz, Pilar Villaverde, María Cebey, Carlota Mera, Rosa Moreiras ou o alcalde de Ames, Blas García.
Ficha técnica
Duración: 37 minutos. Produción executiva: Rosabel Candal e Diego Frey. Dirección e guión: Ana Viqueira. Realización: Martín Rodríguez e Diego Frey. Axudante de realización: Manuel Expósito. Edición e Montaxe: Martín Rodríguez. Produción: Ana Viqueira. Axudante de produción: Rosabel Candal. Deseño de grafismos e creatividades: Roi Barros. Operadores de Cámara e iluminación: Pio Cribeiro, Roi Barros, Martín Rodríguez e Manuel Expósito. Dron: Pio Cribeiro. Locución de voz en off: Xiana Arias.
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: