Esiximos á Deputación que garanta o abastecemento de auga potable en Vilamartín de Valdeorras
Автор: PSdeG-PSOE de Ourense
Загружено: 2025-10-21
Просмотров: 33
O Grupo Provincial Socialista esixe ao goberno da Deputación que explique o motivo polo que non cumpriu os compromisos públicos adquiridos polo seu presidente, Luís Menor, co Concello de Vilamartín de Valdeorras para garantir o abastecemento de auga potable tralos devastadores incendios forestais do pasado agosto.
Sherezade Núñez salienta que «malia que desde o Concello non deixamos de alertar do delicado da situación desde o primeiro momento, desde o primeiro día de chuvias xa temos colapsado o sistema de abastecemento». Segundo esta, «precisamos unha solución xa porque está comprometida a potabilización e o abastecemento dos núcleos de poboación de Vilamartín de Valdeorras, e agora que se aveciñan os meses de inverno pensamos que imos ter problemas aínda máis graves dos que xa estamos a padecer».
───────────── AS NOSAS REDES ─────────────
🔴 Facebook: / psdegdeourense
🔴 Twitter: / psdegdeourense
🔴 Instagram: / psdegdeourense
🔴 TikTok: / psdegdeourense
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: