Alala 129 Musicas Completas de "O Capador de Muras" - TVG
Автор: Alalá TVG
Загружено: 2014-04-02
Просмотров: 8289
RAMIRO CORTIZO "O CAPADOR DE MURAS"
Notas escritas para preparar o guión e gravación do Alalá 126, adicado a Ramiro Cortizo "O Capador de Muras", por Pablo Carpintero
Ramiro vivía en Muras, no concello de Forcarei. Naceu no 1931 en Muras nunha familia de capadores, seu avó e seu pai tiñan este oficio e il herdouno igual que algúns dos seus primos. De neno acompañaba ao seu pai para aprender o oficio e cando tiña 16 anos xa comezou a capar. Seica era un bo negocio e que se gañaban bastantes cartos. Como todos os capadores de antes, Ramiro movíase a cabalo ou en mula e anunciaba o seu oficio cun "chifro" de buxo. Aínda conserva o instrumento de seu pai, conta que antes sabía tocar melodías con el, pero agora xa non dá, a súa muller Sara di que é porque "gasta todo o aire en fumar" .
COMO APRENDEU A TOCAR
Cando era pequeno facía pallas de centeo con 2-5 furadiños para os dedos e tamén fixo frautas (de bisel) de sabugueiro. Despois, aos 6-7 anos xa lle mercaron unha frautiña traveseira de buxo, porque viron que se lle daba ben aquilo da música. Como avanzaba coa frauta a súa nai mercoulle un punteiro na feira de A Bandeira. Ramiro xuntábase con outros dous rapaces de Muras, Perfecto e Manuel, así que el co punteiro, Perfecto cunha fiambreira e dous paus e Manuel cun bombo de lata comezaron a tocar, a aprender pezas.
O XEITO DE TOCAR
Escoitando a este gaiteiro apréciase claramente que Ramiro foi un gran gaiteiro, agora aínda toca moi ben, ten moi bo ritmo, pero el mesmo recoñece que xa non é o que era.
Como foi frecuente nesta zona, Ramiro toca pechado, cunha curiosa dixitación na que o meniño se manten pousado sobre o punteiro nas notas agudas, unha característica que aparece nas dixitacións de Pontevedra de principios do século XX transmitidas por Casto Sampedro e Perfecto Feijóo.
Notas completas no facebook do Alalá Programa de Tvg
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: