Presentación das axudas PEL 2026, con José Carlos Díaz e Sofía Sanesteban [GRABACIÓN]
Автор: Pazo de Arenaza
Загружено: 2025-11-20
Просмотров: 78
O equipo técnico do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña presentará as liñas de axuda PEL 2026, explicando as principais novidades e cambios desta convocatoria.
A sesión estará conducida por José Carlos Díaz e Sofía Sanesteban, técnicos/as de xestión de proxectos do Plan de Emprego Local.
Durante a charla abordaranse en detalle as diferentes modalidades:
PEL-Emprende Investimento
PEL-Autónomos/as
PEL-Pemes Creación e Ampliación do cadro de persoal
PEL-Pemes Mantemento do cadro de persoal
Tamén se realizará unha simulación práctica dunha solicitude a través da plataforma SUBTeL, para que as persoas interesadas poidan coñecer de primeira man o proceso de tramitación.
🔗 As bases completas das axudas PEL 2026 xa están dispoñibles no BOP do 11 de novembro de 2025 e poden consultarse aquí:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/ca...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: