25N - 2022: O IES de Chapela di NON á VIOLENCIA MACHISTA
Автор: IES CHAPELA
Загружено: 2023-01-02
Просмотров: 104
O 25 de novembro de 2022 a comunidade educativa do IES de Chapela sumiuse nun fondo silencio ao recordar e dar nome ás 38 mulleres asasinadas no Estado español ao longo do ano. A acción foi recollida no vídeo 25 N - IES de Chapela: A violencia non é tradición • 25 N - IES de Chapela: A violencia non é t... . O IES de Chapela baixou daquela as persianas en resposta ao video viral que alumnos da Residencia Universitaria Elías Ahúja protagonizaran en outubro do mesmo ano, e no que nunha acción orquestrada por máis de cen mozos, berrábanse ás mozas dun colexio maior feminino “putas” ou “ninfómanas”. Desde a nosa resposta, e ata final do 2022, máis mulleres se uniron á triste lista da violencia de xénero. Neste novo audiovisual, que recolle imaxes e momentos daquel día, a presenza digna e o silencio enxordecedor da xuventude de Chapela, volve a denunciar a violencia machista e a perseverar na loita cara á igualdade entre homes e mulleres. Brigada Violeta – IES de Chapela.
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: