SÉS - A chamuscada
Автор: SES Maria Xose Silvar
Загружено: 2019-03-07
Просмотров: 40076
A chamuscada (Incluído no disco Rabia ao Silencio, 2019)
Letra e música: anónima
Tradución e adaptación: Mª Xosé Silvar
A chamuscada foi como me alcumaron
porque a pólvora queimou as miñas mans,
toda a revolta vivín entre disparos,
as súas pegadas xamais se borrarán.
Non houbo home ou soldado ao que quixera,
dentro da tropa ningún me namorou,
só a meu pai eu lle fun leal soldadeira
e na contenda unha bala o alcanzou.
E cando escoito cantar esta tonada
sinto de súpeto as lágrimas brotar,
pero non choro, pois son a chamuscada
que, por valente, cheguei a xeneral.
Eu vin meu pai morrer entre os meus brazos
e vin tamén o traidor que o matou,
ao miserábel dinlle catro balazos,
coma unha criba deixeille o corazón.
Desde aquel día xa non fun soldadeira,
tiven repleta a canana e o fusil,
e nas batallas fun sempre a primeira,
a balaceira facíame sorrir.
E cando escoito cantar esta tonada
sinto de súpeto as lágrimas brotar,
pero non choro, pois son a chamuscada
que por valente cheguei a xeneral.
............................................................
Maria Xosé Silvar (Voz)
Tito Calviño (Guitarras)
Sabela Galbán (Acordeón)
Gravado nos Estudios BRUAR no inverno de 2019
Producido por María Xosé Silvar
Técnico de gravación: Xabier Ferreiro
Técnico asistente: Xabier Adrián Ferreiro
Ilustración: Lidia Cao
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: