Galegos no mundo - Programa 61: Porto Alegre
Автор: Televisión de Galicia
Загружено: 2014-05-26
Просмотров: 14309
O periplo do programa "Galegos no Mundo" polos recunchos do planeta na busca de compatriotas recalará hoxe en Porto Alegre, unha das metrópoles máis importantes do Brasil, a maior aglomeración urbana do sur do país. Trátase dun dos grandes centros industriais do Brasil debido á súa localización estratéxica dentro do Mercosur, moi próxima a Bos Aires, Montevideo e Rosario. É ademais un gran museo arquitectónico a ceo aberto e a súa mestizaxe perfecta entre as culturas hispanoplatense e lusobrasileira, unida á súa fonda influencia europea, confírenlle a Porto Alegre unha personalidade única no marco brasileiro.
O espazo da TVG coñecerá esta noite a Paquito Rozados, un galego de Becerreá que chegou con dez anos ao Brasil, onde se converteu en avogado e, despois de 55 anos no país, tamén nun experto en facer churrasco ao estilo gaucho. Con Rafa Díaz-Aguado, un coruñés que está en Porto Alegre completando os seus estudos de Dereito e Economía, o equipo do programa percorrerá a Cidade Baixa.
Pola súa parte, Elisa Gándara, natural de Santiago de Compostela e que chegou a Porto Alegre con só dez anos, amosará a zona de Ipanema e os miradoiros máis espectaculares da cidade; mentres que Leonisa Fernández, natural de Melón, dará a coñecer as principais institucións de Porto Alegre e algo máis da cultura gaucha.
Finalmente, con Manuel Fraguela, un enxeñeiro de 26 anos nado en Fene, "Galegos no Mundo" comprobará como respira a cidade, visitará o seu mercado e observará a súa arquitectura e o seu ocio cando cae o sol nun dos mellores solpores do mundo, segundo os portoalegrenses.
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: