SPOT CAMPAÑA "O ESCAPARATE ESTRELA"
Автор: Estrela De Marín
Загружено: 2025-10-01
Просмотров: 8698
Spot gravado, para promocionar a campaña "O Escaparate Estrela", elixida pola Xunta de Galicia, como a mellor campaña de dinamización comercial da provincia de Pontevedra. Durante o 1 ao 11 de outubro, as persoas que realicen compras nos establecementos participantes deberán acumular un mínimo de 60 € en tickets de compra e, con iso, poderán rexistrar a súa participación para intentar acertar, sen pasarse, o prezo xusto de “O Escaparate Estrela”, un premio valorado en miles de euros e composto por máis de 100 produtos e servizos do comercio asociado.
A campaña, que conta coa colaboración do Concello de Marín e o cofinanciamento da Xunta de Galicia, preséntase como unha oportunidade para visibilizar a diversidade e a calidade da oferta comercial da vila.
O CCA Estrela de Marín anima a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa:
• Como participar: acumular tickets de compra ata 60 € e rexistralos segundo as bases da campaña. Ademais, rexistrándose na aplicación “Comercio de Marín” gozarase dunha oportunidade a maiores para poder acertar o valor do escaparate.
• O 11 de outubro ás 11 hrs, habilitarase o formulario para poder rexistrar os tíckets de compra e intentar acertar o valor total do escaparate.
• Premio: “O Escaparate Estrela”, valorado en miles de euros, que se entregará ao finalizar unha gran gala, que presentará a artista Lucía Pérez e que comezará ás 19 hrs do sábado 11 de outubro. En dita gala, Lucía interpretará o tema musical composto para esta campaña e estará acompañada por unha coreografía dirixida pola artista marinense Iria Calvar
• Toda a información, establecementos adheridos e bases da campaña poden consultarse a través da aplicación “Comercio de Marín” ou na web do CCA: https://www.estrelademarin.gal/o-esca...
Realizado por: Nova Imaxe.
Protagonizado por: Lucía Pérez e clientes do comercio local.
PROGRAMA DÍA 11 DE OUTUBRO
Apertura “O ESCAPARATE ESTRELA”
11:00 Habilítase o formulario web para rexistrar o valor do
Escaparate e lanzamento da APP “Comercio de Marín”
Música con Brassica Rapa
11:15 Alameda Rosalía de Castro
En caso de chuvia será no Multiusos
“MAXIA PARA BEBÉS”
11:30 Museo Manuel Torres LUIGI LUDUS
Recomendado de 1 a 4 anos. Inscrición previa no 679 979 292
“ESCAPARATES MÁXICOS”
Goza da maxia visual e musical cos nosos artistas
11:30 – 12:00 - 12:30 en BEBÉ KATY con LIUBA
11:30 – 12:00 - 12:30 en XANELA con GONZA MARTINI
11:30 – 12:00 - 12:30 en CENTROVISIÓN con OLIVER
12:30 Sorteo Presencial de 500€ na Praza de Abastos “18º Campaña Aniversario”
“ALAMEDA MÁXICA”
“El baúl de la Maga”
12:00, 12:30, 13:00 e 13:30 LORELAVAND
12:00, 12:30, 13:00 e 13:30 MAGO KOKO
“Pequeno Gran Teatro de Maxia”
En caso de chuvia no Museo Manuel Torres
16:00-19:00 XOGOS DE GAMING
Postos de Racing,VR e Máquina de Arcade
En caso de chuvia no Hall do Concello
16:00-19:00 MINIFEIRA CON 15 XOGOS TRADICIONAIS
En caso de chuvia no Multiusos
19:00 PECHE FORMULARIO para rexistrar o valor do escaparate
PRESENTA LUCÍA PÉREZ
19:00 “ESCENARIO ALAMEDA” Concerto ELESKY
20:30 “GRAN GALA INTERNACIONAL DE MAXIA”
LORE LAVAND, LUIGI LUDUS, OLIVER E LIUBA, GONZA MARTINI E O MAGO TETO
21:30 PABLO MÉNDEZ PERFORMANCES
DESCÚBRESE O VALOR DE "O ESCAPARATE ESTRELA"
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: