Alalá nº 187 "Pesdelán" - TVG
Автор: Alalá TVG
Загружено: 2016-03-02
Просмотров: 6561
Alalá nº 187 "Pesdelán" - TVG
Emisión en Televisión de Galicia: 13/07/2011
LUGAR: SANTIAGO DE COMPOSTELA
http://alala.crtvg.es
PESDELÁN: NA PUNTA DO PÉ
Se vos gusta o baile tradicional pero non vos atrevedes a soltarvos cando soa unha peza, non vos preocupedes, o grupo PESDELÁN, ten un traballo publicado que se chama “Na punta do pé” que está pensado para todos aqueles que sempre envexaron poder dar chimpos e pasalo ben. Esta proposta musical, un libro-CD-DVD, anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.
Esta agrupación xorde no ano 2008 da unión de reputados músicos de distintas formacións musicais. Todos eles sentían a necesidade de facer algo así para que a xente ademais de escoitar poida participar. Unha proposta divertida e novidosa que pretende substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e o mais importante de todo: pasalo en grande. Ademais, ainda que moitos de vos non moverades nunca un pé, iso non é un problema, o que fan estes mozos é ir aprendendo dun xeito divertido os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos.
Este tipo de concertos están dirixidos a público de tódalas idades e, por suposto, unha das cousas mais impactantes dos mesmos é ver a toda a familia xunta: os pequenos cos pais, cos avós, con coñecidos, con descoñecidos.…
Tampouco hai problema se non recordades tódolos pasos porque no DVD, hai unha explicación pormenorizada dos pasos básicos para ensaialos todo o necesario ata que vos saian á perfección.
Como eles dín este espectáculo ten diversas funcións: divertirse, perde-la vergoña, suar moitísimo... un concerto de Pesdelán é como unha sesión de ximnasio.
Atentos porque comeza: “Na punta do pé”.....
720p
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: