Alalá nº 27 "A Gaita de Sarandon" - TVG
Автор: Alalá TVG
Загружено: 2015-06-10
Просмотров: 8492
ALALÁ Nº 27
A GAITA DE SARANDÓN
Data de emisión: 14-11-2006
Nesta nova edición, o programa Alalá viaxa ó Val da Ulla. En San Miguel de Sarandón viven Marcelino de Muiñeiro e Pepe de Nande, os dous últimos requinteiros que aínda tocan nunha formación estable. Ó redor destes grandes e vellos mestres reuníronse un grupo de músicos novos que, engaiolados polo son da requinta quixeron recuperalas vellas tradicións musicais da Ulla con “A gaita de Sarandón”.
Pepe e Marcelino ademais de veciños son amigos desde a infancia. Xuntos teñen unha chea de vivencias tanto musicais como persoais. O que tiveron en común os dous foi o amor pola música, de cativiños conseguiron xa o seu primeiro pínfano ou frauta e con el andaban “pinfaneando” mentres andaban coas vacas nas veigas.
Descubriremos tamén como se empregaban hai moitos anos instrumentos pouco coñecidos, como pode ser o charrasco.
Recupera-lo repertorio e o legado musical que os dous reteñen na mente e o obxectivo do grupo, as pezas de cando tocaron na “Gaita de Vedra” e as das festas e troulas cos veciños de Sarandón.
Grazas o traballo e esforzo deste grupo, a requinta, un instrumento case esquecido, está a vivir hoxe un momento de esplendor que se ve reflectido coa publicación do seu primeiro traballo discográfico: Requinteiros da Ulla.
Na gaita de Sarandón hai unha mestura de idades, caracteres e personalidades. Ademais de músicos, no grupo hai un enxeñeiro, un investigador, un bibliotecario, un mecánico…e de todo isto xorde unha formación que está a acadar un éxito importante, que lembra aqueles grupos de requinteiros, de comezos do século vinte, que constituían outro dos emblemas do Val da Ulla.
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: