GAITA DE CANA EVO EN RE. XURXO TERRIBLE
Автор: Obradoiro de Gaitas Seivane
Загружено: 2021-05-06
Просмотров: 6062
Aquí o mestre Xurxo Antúnez, o Terrible, que recolle as primeiras gaitas de Cana EVO, neste caso, tonalidade en Re. Despois de máis de tres anos, dende que nos compartira a súa idea no 2017, Xurxo viña a recoller esa gaita tan especial que buscaba. Unha gaita inspirada e co son das gaitas de cana pero con todos os avances da gaita convencional. Está feita en madeira pero co son da cana. Nela volcamos a experiencia da musa e os recordos daquelas gaitiñas que nos facía o noso avó materno Xosé Magide, de biouteiro, moi rudimentarias e con fol feito de vexiga de cocho, porque na Vara (Ribeira de Piquín, Lugo) non había cana. É unha gaita especial para tocar certo tipo de repertorio. É configurable en tres tonalidades: Re, Do y Sib. E cada tonalidade ten varias versións: versión básica con 2 voces (ronco e punteiro), outra versión de 3 voces con (punteiro, ronco e ronqueta) e outra a catro voces (punteiro, ronco, ronqueta e chión). Esta sería a de catro voces coa ronqueta especial tritono. Este vídeo foi feito improvisadamente cando veu recollela, e xurdiu esa impresionante VOZ que nos traspasa e nos deixa emocionados e sen palabras 🥰 Grazas Xurxo unha vez máis por ser o impulsor desta iniciativa e por darnos o alento e o tempo necesario para materializar este proxecto💛
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: