2ª Travesía Nado
Автор: Dano Cerebral Galicia
Загружено: 2024-12-11
Просмотров: 17
O dispositivo de seguridade dunha travesía en augas abertas inclúe apoios en terra e en mar, nadadores e nadadoras acompañantes, e persoas en táboas e caiacs, que son as que máis se poden aproximar ás participantes na proba. Ubaldo Costas cóntanos o seu papel na nosa Travesía.
A Travesía a Nado Polo Dano Cerebral tivo lugar o 6 de xullo de 2024 en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa). Trátase dunha actividade de promoción do deporte inclusivo e de visibilización do dano cerebral adquirido organizada por Dano Cerebral Galicia en colaboración coa Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa e a asociación Arousaman - Arousawoman. Contou tamén co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade, do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, no marco do Proxecto Rumbo, e da Fundación José Otero - Carmela Martínez.
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: