Arrhythmia x Rebeliom do Inframundo - Insaciables (Videoclip oficial)
Загружено: 2025-11-06
Просмотров: 5428
📱 INSTAGRAM / osarrhythmia
🎶 SPOTIFY https://open.spotify.com/intl-es/arti...
Título "Insaciables"
Guitarra, sintetizadores e voz: / alberto_busto_
Baixo, coros: / macikevicious
Batería, sintetizadores e percusión electrónica: / a.l.barreiro
Voz: Nervo
Scratch: / djpol.gz
Coros: / victortarela__ e / thisisdrod
Mestura e master: Álvaro L. Barreiro
Videoclip
Dirección. cámara e edición: / sergiosteelgup
Produción: / galunkproducions
Letra:
Aprender a matar o ego,
aprender a pedir perdón.
Brindade cando non estemos,
chorade con esta canción.
Non temos diñeiro,
pero temos a forza da razón.
Eu coñezo a Cris, vós a Nervo,
prendendo lume e Rebeliom.
Falas de talento para entrar de balde no show.
Sei quen estivo cando facía frío,
sei quen se arrimou ao calor.
Ficade calados, memos:
a vida non é un photocall,
nunca foi negocio,
pero procura botarlle paixón.
Un león está ceibo,
un minuto de silencio.
Hienas piden os restos;
sen suor non hai premio.
Respectando aos primeiros,
sen pisar os vindeiros,
sendo son no silencio.
INSACIABLES
aprender a matar o ego, aprender a pedir perdón.
INDOMABLES
o límite do ceo, o lume da rebelión.
INSACIABLES
fame, traballo e respecto cuspido dende o corazón.
INDOMABLES
rompe o puto teito, somos raiba e paixón.
Non vou respectar a quen fode;
rencor, meu segundo nome.
Amor e lume é o que nos move.
Nacimos pobres pero nobles.
Se mexan por nós, din que chove
E o carallo 29.
Prometen lereles en sobres;
a industria como Al Capone.
Pra min é Alberto, non Busto — ti que hostia tes que falar?
Por él apreto ese fusco e poño ata deus a chorar.
Saimos dende o Inframundo e estamos prontas para loitar.
Foi moito lustro, fiasco brusco; agora toca gañar.
Triple bypass, nin iso vos vai salvar.
Somanta de hostias para eses nazis que agora queren cantar.
Auga salgada da ría,
arte e aceiro, non IA.
Do que se come se cría;
por iso, sempre desconfía.
O mundo xira e xira e ninguén nos prepara.
O tempo racha con todo e xamais para.
A vida ás veces cuspe a realidade á cara.
Se un día me vendo, ti só dispara.
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: