#FÓRA
Автор: O Salto Galiza
Загружено: 2022-08-07
Просмотров: 1409
Durante os últimos tres anos, no Salto vimos facendo vídeos sobre como a cidadanía galega está a sufrir procesos de expulsión por mor dun modelo turístico baseado na masificación e no consumo de pouca calidade: encarecemento da vivenda, peche de comercios locais, ocupación do espazo público...
Neste vídeo afondamos na situación xurdida en Compostela en agosto de 2022, coincidindo coa Peregrinación Europea de Jóvenes organizada pola Conferencia Episcopal Española. Doce mil mozas e mozos chegaron á cidade e provocaron centos de queixas veciñais, que tamén sinalan á administración como responsable. Critican non só a xestión desta semana, se non a aposta do Concello de Santiago e da Xunta por un modelo turístico que provocou que a expulsión da cidadanía fose, nestes anos, "moi considerable".
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: