Hemorraxia | Martirio | Coroa de flores | Nadie González | LGx15
Автор: CTNL
Загружено: 2025-01-15
Просмотров: 90
Actuación de Nadie González, acompañada por Lu.ko.ala e Nahgga, no LGx15 de 2024
---
Nadie González interpretou tres pezas do disco Noctiluca Scintillans acompañada de Lu.ko.ala e Nahgga:
Hemorraxia
Martirio
Coroa de flores
---
Nadie González é MC, rapeira, ás veces produtora e case sempre autodidacta.
Nacida en Vigo e integrante do colectivo Yimiyourek (Las Palmas, Gran Canaria) entre 2018 e 2019, onde comeza a súa andaina no mundo da música e o hip hop.
Comeza o seu camiño en solitario acompañada de Lu.ko.ala en 2021 e o seu curto percorrido discorre por salas como a Sala Rebullón ou Masterclub e recentemente en festivais como Murallón de Son, sen ter ningún traballo publicado previo.
Acaba de publicar en 2024 o seu primeiro EP en solitario, “Noctiluca Scintillans”, autoproducido e de forte carácter intimista e persoal.
Conta con temas compartidos con artistas da escena galega como O Rabelo, Fillas de Cassandra ou Thomas Dylan Harris.
---
#LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Teatro Principal | Santiago de Compostela | 26 de outubro de 2024 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal
---
Colaboracións: @politicalinguistica | @concellodesantiagodecompos2772 | @DeleiteGalego | @fundaciongaliciasustentable
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: