Camiñadas Bergondo en feminino 2022
Автор: Concello de Bergondo
Загружено: 2022-07-03
Просмотров: 216
“Camiñadas Bergondo en femenino 2022” foron dous roteiros a pé para coñecer a vida e obra das mulleres homenaxeadas polo Concello de Bergondo nos anos 2021 e 2022.
Esta nova fase do programa municipal, a través do que se investiga a historia das mulleres do municipio co obxectivo de visibilizar a súa contribución á sociedade, ten o obxectivo de continuar divulgando a traxectoria das mulleres bergondesas, visibilizando as súas achegas á sociedade e reivindicando a igualdade.
A primeira das camiñadas tivo un percorrido de 4 kilómetros de Ouces a Moruxo e nela as persoas participantes achegáronse á vida de Antonia Pato Pardo, María Vázquez López e Indalecia Juana Pérez Mesa.
A segunda foi de Guísamo a Cortiñán, cun percorrido de 3,6 quilómetros, con saída desde a Sociedade Recreativa de Guísamo e chegada ao Centro Social de Cortiñán. Aquí as figuras que se coñeceron en profundidade son as de Natividade Martínez de Pan e Carmen Miramontes Vidal, aproveitando neste último caso para descubrir a placa na súa homenaxe no lavadoiro de Cortiñán.
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: