O CLAREO versión instrumental
Автор: XURXO JACHÍA
Загружено: 2024-04-05
Просмотров: 1417
O clareo non era mais cousa que, unha vez lavada e enxabonada a roupa, normalmente no lavadoiro do río, estendela sobre as erbas do campo e botarlle auga por riba de cando en cando para logo de ter feito esto por un tempo mais ou menos determinado deixar a roupa mellor lavada.
O caso é que por aqueles tempos, ollo, non hai tanto, mentres as mulleres lavaban no río os nenos estaban preto xogando e dende logo levaba o seu tempo entre outras tarefas da casa e do campo.
En fin, que o clareo deume para compoñer unha peza e por agora preparei a parte instrumental deixando para outra subida a letra e coros que tamén lle estou preparando con un cativo poema ilustrativo do que agora estou contando.
Para interpretala utilizo a miña gaita en Do con unha parte principal que ben podemos tocar a unha soa voz, pero neste caso quíxen acompañarme de min mesmo por darlle algo mais de orixinalidade con un par de contracantos.
Utilizo para escomezar a peza un compás de pandeiro de madeira co que logo tamén vou aportando nas partes que considero mais axeitadas e como ten partes moi definidas o vou alternando con tambor e bombo tradicional, cunchas e pandeireta e para rematar a formación utilizo a frauta de Sol e un sopranino que agudiza o resto do clareo do que falo.
Como non, de Xurxo Jachía.
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: