A BANDA DA LOBA - Agora + Estreliña riscada (videoclip oficial)
Автор: A banda da Loba
Загружено: 2025-11-24
Просмотров: 1383
Unha nova vida medrando nunha burbulla inzada de auga. O son do latexo dese novo corazón que se abre paso a ritmo de centrifugado. Chega a este mundo unha nova paxariña, unha Estreliña riscada que pía no colo de quen lle canta con amor.
Neste #25N poñemos o foco na VIDA, nos COIDADOS e nese AMOR. Vai por nós, polas mulleres, e por todas esas paxariñas que queremos libres e vivas.
Esta canción pertence ao disco #lovismo
A banda da Loba
Coa colaboración de Adrián Real na trompeta de "Estreliña riscada"
Dirección e idea orixinal: Sonia García (Xouba Cromática)
Dirección artística e vestiario: Lara Caeiro
Gravación e masterización de audio: Arturo Vaquero (Abrigueiro Estudios)
Coa colaboración do concello de Santiago de Compostela na cesión do espazo
Co apoio e colaboración de todo o proxecto de #Lovismo por parte da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais
Letra de "Agora":
Chegarás
moi pronto
poboándonos de alegrías.
Chegarás
a un mundo de vidro
a un mundo colmado de auga
Chegarás a un mundo que xira e xira e xira
e que nunca para.
Descubrirás as cores, as formas,
os xogos, os sorrisos.
E irás descubríndote a ti mesma
en cada volta,
en cada xiro.
Atoparás unha e mil veces
a túa imaxe no espello
e ficarás parada
sen saber quen es.
E atoparás unha e mil veces
o camiño de volta:
recoñecéndote.
Chegarás
moi pronto
dende o teu pequeno mundo colmado de auga.
Chegarás moi pronto
a este mundo de vidro
para detelo.
Chegarás.
E a vida comeza
AGORA.
Letra de "Estreliña riscada":
Estreliña risca aquí,
xa chegou o mes de abril.
Estreliña voa, voa
vén e canta xunto a min.
Amarelo, pinta no ceo.
Amarelo, bica o teu nariz.
Arrorrorró, durme amor
Arrorrorró, xa baixa o sol.
Estreliña vas tocar,
coa pandeireta riscar.
Estreliña, ven bailar
a muiñeira todo o verán.
Risca, ris ras,
xunto a un pardal
Risca, ris ras,
xuntas imos cantar.
Arrorrorró, durme amor
Arrorrorró, xa baixa o sol.
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: