FAIA: Dona Alvela. Música no Claustro 2024.
Автор: Música no Claustro
Загружено: 2025-07-22
Просмотров: 703
A artista galega FAIA regresou a Música no Claustro xunto coa arpista bretoa Bleuenn Le Friec, cunha proposta específica deseñada para o festival, a medio camiño entre o seu anterior traballo e o disco "Alvela", publicado xa en 2025.
Arrolos, romances e outras cantigas tradicionais coas que FAIA quere dar luz ao universo silenciado da maternidade. Unha mirada feminista que reivindica o desexo, a forza do pracer, o contacto máis esencial co corpo e coa natureza propia.
Tomando como inspiración as palabras de García Lorca na súa conferencia sobre as nanas ibéricas, FAIA e LE FRIEC tamén queren baixar á ribeira dos xuncos e escoitar o sopro da melodía que é a emoción da historia. Onde había un recuncho escuro, poñen un reflexo de nube ovalada, unha voz que canta. Así, a través da melodía e da palabra exploran os lugares do entresoño. A denuncia latente en cada letra e cantiga, que atravesou séculos de represión e vive na memoria do corpo, toma forma musical ou é ruído; a través dela falan, porque é herdanza, un espazo necesario de acubillo e subversión.
Con FAIA e LE FRIEC seguimos pensando e sentindo a catedral atlántica que habitamos, templo que nos da a benvida co seu pórtico gótico que ten coma protagonista á propia maternidade nas súas representacións iconográficas.
Son: Isaac Palacín
Vídeo: Gus Abreu
Concerto no claustro medieval da Catedral de Tui, 3 de agosto de 2024
https://www.musicanoclaustro.com/2024...
@faiadiaz
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: