Presentamos o San Xoán 2025!
Автор: #carballomola
Загружено: 2025-05-31
Просмотров: 66
A concelleira de Festas, Maruxa Suárez, e o presidente da Asociación Cultural San Xoán, Sergio Varela, presentan o programa do San Xoán 2025, que se estenderá ao longo de dez días, do 19 ao 29 de xuño, cunha morea de actividades para todos os públicos. No acto, celebrado no mercado municipal, que se convirte cada ano nun escenario imprescindible das nosas festas, participaron tamén Belén Enríquez, de Opticalia Enríquez, que patrocina un ano máis o concurso do cartel e que fixo entrega do premio a unha representante do tándem gañador, composto por Andrea Espiñeira Focada e Rosalía Macías Tarrío, que agradeceu a escolla. Alberte Sánchez, deseñador da revista, foi outro dos participantes no acto, que pechou o alcalde, Evencio Ferrero, anunciando que este ano o pregón será coral e estará protagonizado polas cantareiras do noso concello.
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: