Continúa sen dar resultado a busca de Lino Fiúza, o home desaparecido en Carnota
Автор: Carnota A Coruña
Загружено: 2016-02-05
Просмотров: 264
Continúa sen dar resultado a busca de Lino Fiúza, o home desaparecido en Carnota -
Hoxe fai unha semana da desaparición en Carnota de Lino Fiúza. O caso estase volvendo especialmente complicado porque non atoparon ningún rastro do home de 75 anos. Aos corpos de seguridade súmanse moitos centos de voluntarios que, igual que a familia, insisten en que precisan xente que se meta a pé no monte.
A familia de Lino Fiúza García, de 75 anos e dependente de medicación, está convencida de que o home non desapareceu por vontade propia.
"É moi duro, logo de buscar, cada noite... Necesitamos atopar algo, PARA poder descansar e non vivir ESTE inferno. Temos que recoñecer que estamos moi mal e que a familia precisa, chegado este punto asistencia psicolóxica, que de momento non tivemos... A meu pai perdémoslle a pegada aquí. Perdeu un bus a Muros que ía coller para visitar uns familiares, porque non estaba xusto no punto que se considera a parada do autobús. Cremos que a súa idea, daquela, era ir camiñando á casa da miña tía, nunha aldea, camiñando por esta parte de camiños de monte", explica Alba Fiúza Portea, unha dos catro fillos do home desaparecido.
Dous veciños vírono nesta zona ás 5.30 da tarde do venres 29 de xaneiro. A pegada olfativa pérdena os cans de rastrexo a uns cincuenta metros e na contorna dun regato, que tamén se peiteou, coma o resto do monte, areais e zona urbana, sen se atopar pegada ningunha.
"Primeiro foi peitear a zona a pé, en todoterreos, con cans... Agora estamos organizando mellor as cuadrillas de xente para buscar máis a pé dentro do monte", conta un voluntario."Estamos organizando á xente en liña. Imos todos en horizontal baixando todos á vez fando unha liña, para mirar na zona do monte paralela aos camiños cara arriba e cara abaixo. Facémolo así por dous motivos: un, porque así nos aseguramos a propia seguridade da xente que está buscando; e dous: así nos aseguramos que queda todo mirado, todos os puntos, cada metro cadrado, que non hai que repasar esa zona", explica Adriano Fernández Capelo, de Protección Civil de Mazaricos.
"Estamos intentando polo MENOS atopar algunha pegada que nos oriente mellor por onde seguir: o bastón que levaba Lino, algo de roupa... O que sexa", di Sergio Otero Trillo, de Protección Civil de Mazaricos."O que seguimos precisando é que sega vindo máis xente a pé, xente que poda meterse polo monte, mirar por esta montaña tan frondosa, meterse ENTRE os toxos", di Alba Fiúza Portela, filla do desaparcido Lino Fiúza.
A familia agradece o apoio de amigos, veciños e centos de voluntarios; e o traballo da administración municipal, de Protección Civil, de Policía, GES e Garda Civil de distintos concellos da contorna de Carnota.
_______________
Fonte: #crtvg
http://www.crtvg.es/informativos/cont...
#carnotaAcorunha #cAc
www.facebook.com/carnotaAcorunhawww.instagram.com/carnotaAcorunhawww.twitter.com/carnotaAcorunha
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: