Luz, Cinza e Pedra (Cap.1). Casares Quiroga
Автор: Nós Televisión
Загружено: 2026-01-10
Просмотров: 466
'O soño e a palabra' é o título do primeiro capítulo da serie 'LUZ, CINZA E PEDRA, Cartografía da memoria coruñesa' a nova serie audiovisual producida e realizada por Nós Televisión co apoio do Concello da Coruña, dirixida por Iago Prada e coa participación de asociacións e persoas que traballan pola recuperación da memoria da cidade.
A serie está composta por 3 capítulos de vídeo, para arroupar a reivindicación de que a Casa Museo Casares Quiroga (Cap.1) a zona da península da Torre, Punta Herminia e Campo da Rata (Cap.2) e a Casa Cornide (Cap.3) sexan declarados Lugares de Memoria Democrática.
FICHA TÉCNICA da serie LUZ, CINZA E PEDRA, CARTOGRAFÍA DA MEMORIA CORUÑESA
Unha serie audiovisual documental producida por Nós Televisión co apoio do Concello da Coruña.
Produción executiva: Rosabel Candal e Diego Frey
Escrita e dirixida por Iago Prado
Coa participación de Alfredo Vigo, Ana Romero, Carlos Babío, David Lozano, Felipe Peña, María Lopo, Rubem Centeno, Xosé Alfeirán, Gonzalo Castro e Inés Rey.
Dirección de fotografía: Raquel Sánchez Matos
Operador de cámara: Martín Regueiro Díaz.
Voz en off: Xiana Arias.
Edición: Iago Prada.
E a colaboración de Concello da Coruña, Casa Museo Casares Quiroga, ARMH, CRHM, Instituto Cornide e Roda Audiovisual.
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: