Популярное

Музыка Кино и Анимация Автомобили Животные Спорт Путешествия Игры Юмор

Интересные видео

2025 Сериалы Трейлеры Новости Как сделать Видеоуроки Diy своими руками

Топ запросов

смотреть а4 schoolboy runaway турецкий сериал смотреть мультфильмы эдисон
dTub
Скачать

Os teus ollos - Xosé Iglesias (Pepe Buxán).

Автор: ESTREMONIAS

Загружено: 2023-10-06

Просмотров: 614

Описание:

A cantiga está interpretada por Xosé Iglesias (Pepe Buxán) que se define a si mesmo como: "Meigo das carballeiras, trasno dos muíños, e cantautor das congostras corredoiras e camiños ", foi compoñente de Fuxan os Ventos. Actualmente pertence aos grupos: Os Catro Ventos e Os Polivantes, ademais de desenvolver unha carreira propia como cantautor, compoñendo temas propios e musicando poemas.

XOSÉ IGLESIAS.
   / @buxan  .

OS TEUS OLLOS.
Poema de Manuel Curros Enríquez musicado por José Castro González, Chané, cando ambos os dous coincidiron na emigración na Habana nos anos noventa do século XIX. Desa colaboración saíron outros temas importantes como "Unha noite na eira do trigo" e "Un adiós a Mariquiña".
   • Un adeus a Mariquiña - Juan Pardo.  

CURROS ENRÍQUEZ.
Naceu en Celanova no 1851.
O pai de Curros era un home autoritario e de ideas tradicionalistas que sometía o seu fillo a malleiras frecuentes.
A finais de 1866 marchou cara a Madrid, á casa do seu irmán Ricardo, onde cursou o bacharelato e comezou estudos de Dereito, carreira que non rematou.
Participa na Revolución de 1868 que derroca a Isabel II o cal fai que asuma os ideais democráticos.
No 1876 participa nun certame poético de Ourense e obtén a vitoria cos poemas «Unha boda en Einibó», «O Gueiteiro» e «A Virxe do Cristal», vitoria que o determinou como poeta galego. Curros establécese en Ourense.
En 1880 publicou Aires d'a miña terra. Neste libro de poemas manifesta o seu anticlericalismo, ao considerar que a Igrexa non se achega ós pobres e necesitados, senón que só defende castes e privilexios. O bispo de Ourense denuncia o libro diante das autoridades xudiciais. O xulgado de Ourense procesouno por delito contra o libre exercicio dos cultos e ordenou o secuestro dos exemplares en poder do editor e a destrución dos moldes de copia. Curros foi condenado a dous anos, catro meses e un día de cadea, e mais ao pago dunha multa de 250 pesetas. Finalmente, foi absolto na Audiencia da Coruña grazas á defensa do seu avogado, Luciano Puga Blanco.
En 1894 emigra para A Habana, onde coñece e se fai amigo de Chané, con que colaborará na creación de tres das máis fermosas cantigas do cancioneiro galego: "Unha noite na eira do trigo" , "Un adiós a Mariquiña" e "Os teus ollos".
Curros Enríquez morreu o 7 de marzo de 1908. Os seus restos mortais foron embarcados para Galicia, onde chegaron o 31 de marzo á cidade da Coruña.
Foi enterrado no Cemiterio de Santo Amaro, non sen polémica entre quen querían unha cerimonia relixiosa e quen querían un enterro civil. Segundo as crónicas da época, unhas corenta mil persoas ateigaron as rúas da Coruña o 2 de abril de 1908 para acompañaren o cortexo fúnebre nunha expresión multitudinaria de afecto popular sen antecedentes na historia de Galicia.

JOSÉ CASTRO GONZÁLEZ "CHANÉ".
Nado en Santiago de Compostela en 1856.
Chané comezou a súa formación musical da man de seu pai, converténdose nun neno prodixio virtuoso da guitarra e a bandurria.
Emigrou a Habana en 1893.
En 1908 visitou por última vez a cidade da Coruña, á que chegou dende a Habana acompañando os restos mortais de Curros Enríquez a bordo do Alfonso II.[6]
Morreu na Habana o 27 de xaneiro de 1917. O Centro Galego da Habana decidiu custear o transporte dos seus restos mortais a Galiza, a onde chega, o 4 de marzo de 1917. Ao día seguinte, José Castro González recibe sepultura con todos os honores, á beira da tumba de Curros Enríquez, no cemiterio coruñés de Santo Amaro.

OS TEUS OLLOS.

Cando se pon a lúa
tras dos penedos,
choran as estreliñas
todas do ceo.
Tamén eu choro
cando non me alumean
eses teus ollos.

Buscan os pitorreises
pra faguer niño
a herba santa que nace
a beira do río.
Eu busco solo
unha mirada meiga
deses teus ollos.

Ten a serena o canto
i a serpe o alento,
o lago ten a onda,
Dios ten o inferno.
Ti tes de abondo
co que tes escondido
neses teus ollos.

Os teus ollos - Xosé Iglesias (Pepe Buxán).

Поделиться в:

Доступные форматы для скачивания:

Скачать видео mp4

  • Информация по загрузке:

Скачать аудио mp3

Похожие видео

Treixadura- Os teus ollos. Peregrina 2012

Treixadura- Os teus ollos. Peregrina 2012

Intervención de Xosé Iglesias- Poeta, mariñeiro e membro de  Asoar Armega

Intervención de Xosé Iglesias- Poeta, mariñeiro e membro de Asoar Armega

Поль Мариа, удивительная музыка на все времена!

Поль Мариа, удивительная музыка на все времена!

A GOTIÑA D'AUGA

A GOTIÑA D'AUGA

Уэлла дель Силенсио – ночной фламенко-фьюжн для медленных прогулок под андалузскими звездами

Уэлла дель Силенсио – ночной фламенко-фьюжн для медленных прогулок под андалузскими звездами

Black Cats Bonfire Jazz: Джаз с глубоким басом для работы и отдыха

Black Cats Bonfire Jazz: Джаз с глубоким басом для работы и отдыха

Les 30 Plus Belles Chansons Françaises 🎧 Meilleures Chansons en Françaises de tous les temps

Les 30 Plus Belles Chansons Françaises 🎧 Meilleures Chansons en Françaises de tous les temps

VOLVIN Á TERRA PRO PERDÍN O AMOR / NO CONCELLO DA LAMA

VOLVIN Á TERRA PRO PERDÍN O AMOR / NO CONCELLO DA LAMA

Paso dobre, muiñeira, maneo e muiñeira corrida de Imende (Carballo) - Arume de Callón.

Paso dobre, muiñeira, maneo e muiñeira corrida de Imende (Carballo) - Arume de Callón.

Сборник ЛУЧШИХ Мелодий от которых мурашки по телу! Красивая музыка для души- Осень #Relaxing

Сборник ЛУЧШИХ Мелодий от которых мурашки по телу! Красивая музыка для души- Осень #Relaxing

ЦЕЛИТЕЛЬНЫЙ ЭФФЕКТ ПЕНИЯ ДРОЗДА И ЛЕСНЫХ ПТИЦ В БЕРЁЗОВОМ ЛЕСУ,ПОЛЕ РОМАШЕК И ЧИСТОЕ НЕБО ЭТО РЕЛАКС

ЦЕЛИТЕЛЬНЫЙ ЭФФЕКТ ПЕНИЯ ДРОЗДА И ЛЕСНЫХ ПТИЦ В БЕРЁЗОВОМ ЛЕСУ,ПОЛЕ РОМАШЕК И ЧИСТОЕ НЕБО ЭТО РЕЛАКС

Fogueira doce - Mateus Aleluia

Fogueira doce - Mateus Aleluia

Os Chispas Do Lérez

Os Chispas Do Lérez

A MOZA, POLA TABERNA

A MOZA, POLA TABERNA

Самая Красивая Музыка В Мире 🌿 Послушайте Эту Музыку И Вам Станет Легче

Самая Красивая Музыка В Мире 🌿 Послушайте Эту Музыку И Вам Станет Легче

Gypsy Jazz Classics | Django Reinhardt & The Hot Club of France – 2 Hours of Timeless Swing

Gypsy Jazz Classics | Django Reinhardt & The Hot Club of France – 2 Hours of Timeless Swing

Vou a Boeu - Baiuca

Vou a Boeu - Baiuca

КЛАССИЧЕСКАЯ МУЗЫКА ДЛЯ ВОССТАНОВЛЕНИЯ НЕРВНОЙ СИСТЕМЫ🌿 Нежная музыка успокаивает нервную систему 22

КЛАССИЧЕСКАЯ МУЗЫКА ДЛЯ ВОССТАНОВЛЕНИЯ НЕРВНОЙ СИСТЕМЫ🌿 Нежная музыка успокаивает нервную систему 22

GRUPO ALENTEJANO:RASTOLHICE

GRUPO ALENTEJANO:RASTOLHICE " DAME UMA GOTINHA D`ÁGUA "

Muiñeira vella de Cerqueda (Malpica de Bergantiños) - Arume de Callón.

Muiñeira vella de Cerqueda (Malpica de Bergantiños) - Arume de Callón.

© 2025 dtub. Все права защищены.



  • Контакты
  • О нас
  • Политика конфиденциальности



Контакты для правообладателей: [email protected]