KARLA MARTÍNEZ RABANAL: 'Toque de clave', Gisela Hernández Gonzalo, 1912-1971. Música no Claustro 25
Автор: Música no Claustro
Загружено: 2025-11-19
Просмотров: 52
A pianista Karla Martínez Rabanal (La Habana, 1988) actuou en Música no Claustro, o 5 de agosto de 2025, ao carón da violinista tudense Raquel Areal. O programa incluíu o "Toque de clave" da cubana Gisela Hernández Gonzalo, unha das compositoras que formou parte do Lyceum Club de La Habana, institución clave no desenvolvemento de oportunidades para as mulleres en Cuba na que tamén destacou a galega María Muñoz de Quevedo. Para Martínez Rabanal, nesta obra «a clave cubana vólvese arquitectura sonora: capas, diálogos rítmicos e unha linguaxe que abraza o popular sen perder rigor. Esa síntese revela a elegancia moderna de Gisela Hernández Gonzalo».
Karla Martínez Rabanal é profesora no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde compaxina a docencia coa súa actividade artística. En 2022 publicou o disco "Cuba: piano contemporáneo" (Calle 440).
Son: Isaac Palacín
Vídeo: Gus Abreu
Concerto no claustro medieval da Catedral de Tui, 5 de agosto de 2025
https://www.musicanoclaustro.com/2025...
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: