Petite Suite - Claude Debussy - Arundo Donax Ensemble
Автор: Federación Galega de Bandas de Música Populares
Загружено: 2025-12-23
Просмотров: 28
Debussy escribe esta exquisita obra, de aparencia sinxela, mais absolutamente manufacturada mediante o detalle e a calidade. Aínda que foi concebida como unha obra para piano a 4 mans, posteriormente popularizouse con éxito a versión orquestral realizada por Henri Büsser.
Arundo Donax Ensemble decide programar esta música para profundizarse na sonoridade impresionista e na linguaxe de matices e cores do son, mostrando así as posibilidades sonoras dos instrumentos de vento madeira, tanto na súa ampla gama de matices e densidades, como na riqueza tímbrica dos seus instrumentos para afrontar un estilo tan colorista como é o impresionismo.
A obra complétase nos seguintes 4 andamentos ou pezas, que se desenvolven sobre unha base de danza:
0:00 I. En bateau
3:17 II. Cortège
6:09 III. Menuet
8:55 IV. Ballet
Arundo Donax Ensemble pechou o XVIII Certame Galego de Bandas de Música, un evento desenvolvido grazas ao apoio da Xunta de Galicia, do Concello de Pontevedra e da Deputación de Pontevedra.
ℹ️ Arundo Donax Ensemble
Arundo Donax Ensemble é unha formación profesional de vento madeira que aposta por unha música de cámara rigorosa, versátil e en constante evolución. Reúne a 22 músicos nun modelo de traballo colaborativo que favorece a excelencia interpretativa e a creación dun son colectivo propio, baixo a dirección musical de David Fiuza.
A súa actividade abrangue concertos, pequenos ciclos e proxectos divulgativos que difunden un repertorio variado —do clásico ao contemporáneo— acompañado de arranxos e creacións actuais elaboradas para a agrupación. Co seu amplo instrumentarium, Arundo Donax Ensemble contribúe activamente á vida musical da provincia e inspira ás novas xeracións a través da colaboración entre institucións, conservatorios e bandas.
👇👇 SOCIAL Arundo Donax Ensemble:
Instagram ➤ / ensemblearundodonax
Facebook ➤ https://www.facebook.com/profile.php?...
👇👇SOCIAL Federación:
Web ➤ https://www.bandas.gal
Instagram ➤ / fgbmp
Facebook ➤ / fgbmp
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: