A salvagarda do patrimonio cultural inmaterial de Galicia. Sesión da tarde
Автор: Consello da Cultura Galega
Загружено: 2025-11-13
Просмотров: 76
Comunidades e patrimonio cultural inmaterial
A salvagarda do patrimonio cultural inmaterial de Galicia
13 de novembro de 2025
Santiago de Compostela
Sesión da tarde
O artigo 68 da Lei do patrimonio cultural de Galicia (LPCG) establece como obrigatorias a identificación, documentación e investigación do patrimonio cultural inmaterial (PCI), unha tarefa pendente, imprescindible e urxente para garantir a súa salvagarda. Cómpre lembrar que o PCI, como patrimonio vivo, segundo recoñece a UNESCO, corre o risco de desaparecer no momento en que deixa de manifestarse. Este feito relaciónase, por exemplo, coa perda das persoas que exercen a actividade —como no caso dos oficios tradicionais— ou co abandono de determinadas prácticas relixiosas e saberes herdados.
A documentación e o rexistro das distintas manifestacións do PCI en Galicia deberían preceder calquera proceso de recoñecemento formal dos elementos patrimoniais, especialmente antes da súa declaración como bens de interese cultural (BIC).
A xornada pretende ser un espazo de debate e elaboración de propostas, a partir das experiencias dos Encontros «Comunidades e PCI» desenvolvidos ao longo do ano. Estes encontros, realizados en colaboración coas comunidades portadoras e nos seus propios territorios, puxeron de manifesto a vulnerabilidade do patrimonio inmaterial, así como as dificultades na súa transmisión e a necesidade urxente de medidas de protección e dunha salvagarda activa, colectiva e en constante evolución.
A partir dun modelo de xestión definido na LPCG, que goza de recoñecemento, e do seu nivel de aplicación e resultados, a xornada quere poñer sobre a mesa as carencias que presenta o tratamento actual do patrimonio cultural, centrado case exclusivamente na declaración de bens de interese cultural.
Fronte a esta visión, explorarase o potencial dun traballo en rede no territorio, onde sexan as comunidades o eixo central da acción patrimonial. Neste enfoque, o patrimonio cultural inmaterial sitúase ao servizo das propias comunidades, contribuíndo ao seu benestar, á súa identidade colectiva e á continuidade das súas prácticas culturais vivas.
Доступные форматы для скачивания:
Скачать видео mp4
-
Информация по загрузке: